Thursday 02 de May de 2024

O Concello de Ribeira solicita a colaboración da Policía Local para combatir o furtivismo


No día de hoxe o alcalde de Ribeira, Luís Pérez e o concelleiro do Mar, Fernando Abraldes, mantiveron unha reunión de traballo coa Policía Local de Ribeira para abordar a problemática da caza furtiva no Concello.
“A Cofradía de Carreira e Aguiño é a máis afectada, debido á gran extensión da concesión que abarca” destaca o concelleiro Abraldes. “Doutra banda, este conflicto tamén se incrementa no verán, dado que as augas están máis tranquilas”.

Nun esforzo por protexer os recursos naturais e preservar a sustentabilidade das costas, discutiuse a necesidade dunha cooperación máis estreita entre a policía local e os vixiantes das cofradías de Carreira e Aguiño, Palmeira e Ribeira. Durante o encontro destacouse a importancia de tomar medidas proactivas para loitar contra a caza furtiva, que ameaza a economía local e a explotación marisqueira.

Unha proposta fundamental que se discutiu na reunión foi o de dar aos axentes da policía a autoridade para rexistrar vehículos sospeitosos de transportar marisco de xeito ilegal e solicitar permisos de marisqueo. Isto implica a capacidade de realizar rexistros e incautacións cando existan indicios razoables de actividade de caza furtiva.

O alcalde destacou que “esta medida non só busca disuadir aos furtivos, senón tamén protexer a aqueles pescadores e mariscadores que operan dentro da legalidade e contribúen ao sustento das nosas comunidades costeiras.”

Deja un comentario